Foro de dúbidas

Engadir "Páxinas" de Agueiro na entrega de tarefa

Engadir "Páxinas" de Agueiro na entrega de tarefa

por Miguel Barca -
Número de respostas: 2

Moi boas, vexo que na configuración da entrega da tarefa temos a posibilidade de que o alumnado achegue unha páxina de Agueiro.

Temos que facer algunha modificación/cambio no Moodle ou en Agueiro para que esto poda facerse? Este servizo xa está funcionando por defecto?

Graciñas anticipadas

En resposta a Miguel Barca

Re: Engadir "Páxinas" de Agueiro na entrega de tarefa

por Webmaster Websdinamicas -

Bo día Miguel.

Esta opción estivo habilitada durante un tempo.

A versión actual de Agueiro esixe un Moodle en versión 3 para a integración entre ambas plataformas.

Previsiblemente no mes de xullo actualizarase Moodle da versión 2.6 actual á 3.3 e volverán a ser compatibles.

Hai que facer unha pequena configuración na administración do sitio de Moodle, e se empregaría o mesmo usuario para acceder indistintamente ás dúas aplicacións.

Xa vos informaremos cando estea operativo

Saúdos

En resposta a Webmaster Websdinamicas

Re: Engadir "Páxinas" de Agueiro na entrega de tarefa

por Miguel Barca -

Graciñas pola resposta!

Estaremos atentos aos cambios.

Saúdos