A aplicación está moi ben pensada para visualizar un conto a través de imaxes. Debido a que non o puideches probar nun dispositivo Android, hai pequenos erros e/ou melloras que podemos incorporar:
- Na parte do deseño, unha vez que o pasamos ao noso móbil ou tableta hai que controlar ben os anchos e altos de cada elemento (botóns, imaxe e a posición da etiqueta que indica o nome do conto).
- No parte de programación podemos facer algúns cambios:
- Incorporar unha lista vacía na que gardamos todas as imaxes do conto.
- Facendo uso da túa variable de número de páxina vamos sumando 1 ou restando 1 en función de se vamos hacia adiante ou atrás.
- Agora simplemente collemos o elemento da lista que nos indique o número de páxina.
- Cando inicializamos aplicación mostramos: o nome do conto na etiqueta, inicializamos toda a nosa lista de imaxes e mostramos a primeira imaxe do conto.
Creo que con esto teriamos unha app que permitiría visualizar o conto de maneira moi eficiente. Bo traballo pola idea e a programación da túa app, espero que estas ideas permitan mellorala.
Adxunto neste comentario, capturas do código modificado.