Foro de dúbidas

Abalar - comunicación coas familias

Abalar - comunicación coas familias

por Carla Ordóñez Hermo -
Número de respostas: 2

Bo día, onte na primeira videoconferencia que tivemos plantexáronnos un par de dúbidas que non soubemos contestar: 

 

1º Coméntannos algunhas titoras que ao enviarlle algunha mensaxe ás familias polo Abalar, as familias non reciben notificación polo correo electrónico (como lles chegaba antes) e tampouco lles salta aviso da aplicación. É dicir, a única forma que teñen de enterarse é entrando na aplicación. 

Sabemos que na aplicación hai un apartado de notificacións onde poden activalas ou non, e coméntannos que si as teñen activadas. 

 

2º Explicámoslles que na mensaxería, cando envías unha mensaxe ás familias e a len, no Abalar figúranos que o leron con un "check" verde. Algunhas compañeiras comentáronnos que non lle aparecía ese "check" a pesar de que a familia lle contestou á mensaxe, é dicir, leu o que se lle enviou e respondeu.

 

Grazas

En resposta a Carla Ordóñez Hermo

Re: Abalar - comunicación coas familias

por Webmaster Websdinamicas -

Ola Carla

Resposto sobre o teu correo:

 1º Coméntannos algunhas titoras que ao enviarlle algunha mensaxe ás familias polo Abalar, as familias non reciben notificación polo correo electrónico (como lles chegaba antes) e tampouco lles salta aviso da aplicación. É dicir, a única forma que teñen de enterarse é entrando na aplicación. 

Sabemos que na aplicación hai un apartado de notificacións onde poden activalas ou non, e coméntannos que si as teñen activadas.

Como non temos permiso para comprobar que efectivamente é tal e como o indican, simplemente hai que indicarlles que abran unha incidencia na Unidade de Atención a Centros (UAC) para que a escalen ao equipo de soporte de AbalarMobil e fagan a comprobación: se se xerou o correo electrónico, se a configuración está correcta...

Tamén pode acontecer que teñan o buzón cheo, que os correos estean na carpeta de SPAM, etc...

O teléfono da UAC é 881997701

 

2º Explicámoslles que na mensaxería, cando envías unha mensaxe ás familias e a len, no Abalar figúranos que o leron con un "check" verde. Algunhas compañeiras comentáronnos que non lle aparecía ese "check" a pesar de que a familia lle contestou á mensaxe, é dicir, leu o que se lle enviou e respondeu.

Na versión actual de AbalarMobil só temos confirmación de lectura nos avisos e nas incidencias.

Na mensaxería realmente o check que comentas non está indicando actualmente que o usuario lera a mensaxe senón que foi enviada...

Saúdos

En resposta a Webmaster Websdinamicas

Re: Abalar - comunicación coas familias

por Julia Isabel Sainz Vaquero -

Eu son nai e recibo estes avisos sen problema, por se serve de axuda, está claro que algo teñen mal configurado estas familias