Ola Iván!
Teño dúbidas respecto á programación da miña App. A primeira é que, tal e como se ve no anexo1, non sei como quitar esa franxa e centrar a imaxe na pantalla. A segunda ten que ver coas fotografías que subín (anexo2); non teño que facer nada mais con elas? Quedad aí coma subidas e nada máis?. A terceira ten que ver con que hai uns bloques de progrtamación nos que me atasquei, porque parece que hai que meter unhas pezas dentro de outras (anexo3) e non sei como se fai iso. Mándoche hasta onde puiden facer (anexo4).
A aplicación que pretendo deseñar está inspirada na do destino de vacacións, pero plantexada de outra maneira; emprega o recoñecemento de texto para, unha vez que ti pos algo que queres facer (por exemplo...ir o cine), a aplicación diche si podes ir ou non atendendo á fase da desescalada na que estemos. O problema e que cando se programan as categorías e os ítems no ML4k habería que ser moi precisos e levaría moitísimo tempo, non deixa editar os ítems (só borralos completamente e volvelos a escribir. A App tamén podería empregar o calendario para, en función do día no que estamos, asocialo a unha das fases da desescalada e así dicirnos que actividades podemos facer, cales non, e en que condicións. No sei si será algo que se poida levar a práctica, pero é a idea que se me ocurriu. Un saúdo!