Bos días,
Considerando que nos tempos que corren a autocrítica parece descartarse das nosas vidas, penso que a escritura expresiva proporciona unha ferramenta excelente para coñecerse a un mismo, dende logo e en maior medida, se analizamos o escrito ao longo do tempo.
Con esa sistemática creo que a aplicación na aula permite, tanto a alumnos de infantil e primaria como aos de secundaria (que sería no caso no que eu traballo), facer dita reflexión en base á formulación de criterios de carácter ético aplicables tanto no ámbito personal como no ámbito profesional.
Unha boa análise dun mesmo permite coñecer os "erros", as dúbidas, as certezas, aseveracións... e establecer ou confirmar determinados criterios con bases máis certeras.
A aplicación na aula no meu caso parte de facer un escrito sobre as consideracións personais de criterios de conservación e restauración (a miña especialidade) e analizar o porqué da necesidade de conservar e restaurar así como as problemáticas que prantexa.
Polo momento os alumnos van formulando os seus propios criterios con liberdade, sen cortapisas coa finalidade de analizar a posteriori o tema e, fortalecer ou corrixir ditos criterios por medio do diálogo aberto (sempre que eles se mostren receptivos a compartir os seus pensamentos). Polo momento os alumnos participan sen problema.
Esta sistemática favorece a creación dun vínculo máis cercano entre alumno e profesor, unha relación máis de ti a ti que lles permite realizar preguntas sen medo a "quedar en ridículo", un problema que presenta polo xeral, gran parte do alumnado.
O proceso está en marcha, agora haberá que esperar e analizar os resultados.
Un saúdo a todos.