FORO PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DA FASE NON PRESENCIAL

Proposta de Sonia Graña

Proposta de Sonia Graña

por Rexina Ortigueira -
Número de respostas: 0
Son profesora de Xeografía e Historia no Ies Illa de Ons de Bueu, no que só se imparte a ESO. Así que a proposta está pensada para os cursos de 1º e 3º, variando a exixencia e profundidade dos aspectos a traballar, claro. Aínda que estes temas xa estaban traballados no anterior trimestre, aproveitei para incluir nas clases algunas das propostas suxeridas polos poñentes do curso. Así, o alumnado de 1º fixo unha recopilación de refráns referidos ao tempo e algúns alumnos van facer o relato de temporais vividos no mar polos seus familiares. Os alumnos de 3º acolleron moi ben a tarefa de observación e clasificación de nubes.
Un saúdo, Sonia Graña