O noso proxecto vai dirixido ó alumnado de 1º da ESO. Esta feito por dous dos partipantes a este curso, David Outón e Ana Dios, que traballamos no mesmo centro e que actualmente compartimos traballo no mesmo nivel, eu como profesor "titular" e ela como profesora do desdobramento de prácticas.
O proxecto divídese en tres fases: unha primeira que chamaríamos teórica (explicación en aula, laboratorio e caseta meteorolóxica), unha segunda de recollida de datos e unha terceira (que se solapa coa segunda) na que traballamos con eses datos. Implicaría temporalmente a todo o curso e intentaríamos buscar axuda interdisciplinar noutras materias pero tamén se podería levar a cabo na nosa aula pero "baixando" os obxectivos.
Quero subir 3 documentos: unha pequena presentación do proxecto (actividades), a grade que usaremos para recoller datos e un exemplo de folla de cálculo (está incompleta) para a introducción de datos. Pero o foro só me deixa, ou eu non sei facelo, subir máis dun arquivo á vez polo que subirei un a un como respostas a min mesmo...
En resposta a David Outón
Re: proxecto de meteoroloxía no IES de Ponte Caldelas
por Rexina Ortigueira -
Boa noite David,
efectivamente, só se pode subir un arquivo de cada vez. (Outra solución sería comprimir os tres arquivos, pero así está perfecto!)
efectivamente, só se pode subir un arquivo de cada vez. (Outra solución sería comprimir os tres arquivos, pero así está perfecto!)