FORO PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DA FASE NON PRESENCIAL

A contaminación da atmosfera: por CO2 e acústica

A contaminación da atmosfera: por CO2 e acústica

por José manuel Parcero -
Número de respostas: 0

Estudo da contaminación acústica e por SO2 en Marín

Estudo da contaminación por SO2:

Cos alumnos do curso de Ciencias da Terra e mediambientais, de 1º de Bacharelato, decidín facer un pequeno estudo da contaminación por SO2 empregando liques como bioindicadores. Dividimos o mapa de Marín cunha cuadrícula e os alumnos se repartiron, ben por parellas ou individualmente, as diferentes zonas. Debían entregar, nun prazo de dúas semanas, una folla na que aparecerán dúas fotografías de líques atopados en cada zona asignada.
Ademais destas imaxes tiñan que indicar: a concentración de SO2 (en g/m3), o grao de contaminación e os nomes das especies reseñadas. Todo segundo o seguinte cadro:

Concentración de SO2 (g/m3) Grao de contaminación Especie
150-170 Moi alto Non se observa
125 Alto Lecanora
60-50 Medio Xanthoria
40 Escaso Parmelia
35-0 Ausencia Evernia, Ramalia, Usnea

Con tódolos datos podíamos facernos unha idea da cantidade de SO2 no pobo de Marín, e se ésta variaba duns lugares a outros.

Estudo da contaminación acústica:

Como tódolos alumnos disponen de teléfono móvil, e en todos se pode descargar una aplicación gratuita chamada “sonómetro”, decidimos elaborar un mapa de ruído. Cada alumno na súa casa, tres veces ao día, dende a ventana máis próxima á rúa, determinará o nivel de ruido, en decibelios, empregando o móvil como sonómetro. Estas medicións realizadas de 8’00 a 8’30, de 15 a 15’30 e de 21’00 a 22’00 nos diferentes días dunha semana, vainos a ofrecer información suficiente para elaborar un mapa de ruído de Marín.



José Manuel Parcero Santos