FORO PARA A PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DA FASE NON PRESENCIAL

COMO SUBIR OS TRABALLOS AO FORO

COMO SUBIR OS TRABALLOS AO FORO

por Rexina Ortigueira -
Número de respostas: 0
Boa tarde:

como sabes, ata este momento estivo aberta a AV deste curso a todo o profesorado, estivera ou non admitido. Iso facía que puideras entrar sen contrasinal a consultar os materiais dos relatores.

Pero, para poder subir os arquivos, tedes que entrar como participante, no seguinte enlace, identificándote cos seguintes datos:

usuario: o teu usuario do correo da Xunta (no meu caso: rexina.ortigueira)
contrasinal: o mesmo que o teu usuario (no meu caso: rexina.ortigueira)

(Vai aparecer unha ventana que te obriga a cambiar a contrasinal, para que non sexa esa que eu puxen por defecto)

Despois vai ao foro do tema 8. Nese foro tes que pulsar en "crear nova discusión".

Se tes algún problema ou dúbida, por favor, avísame ou mándame o arquivo ao meu correo e xa o subo eu.

UN cordial saúdo.