Son Carmen Vara, profesora de Matemáticas, non sei practicamente nada de Meteoroloxía, agás o que nos aprenden na televisión e o que aprendín neste curso.
Aínda así cos meus alumnos xa leo climogramas en 1º da E.S.O., ou fago diferenzas de temperaturas usando números enteiros. A diferenza a partir de agora será que en vez de ler climogramas poderemos facelos cos datos recollidos en Meteogalicia, e cando me toque Estatística en Bacharelato teño novos exemplos para os exercicios de correlación.
O meu traballo vai un pouco, dentro do que eu sei, da historia e métodos de meteoroloxía. Que ninguén se sinta ofendido polo título, ven a recordar a pouca memoria que temos cando do tempo meteorolóxico se fala, nunca coincide co que o home do tempo di.
Creo que toco varias competencias básicas e aínda que o traballo non está ben definido segundo nivel ou tempo, pretendía facelo cando teña unha titoría e adicarlle 15 ou 20 minutos cada semana.
O próximo venres tentarei presentalo o mellor posible.