A coavaliación en Moodle
1. A ferramenta OBRADOIRO
Esta ferramenta é moi interesante de cara a unha aprendizaxe na que o alumnado non só teña que pór en valor o seu coñecemento, senón tamén ser crítico e valorar os documentos e producións dos compañeiros, corrixindo cando observe erros. No fondo baséase nun dos aspectos máis relevantes da Aprendizaxe Cooperativa.
O alumnado envía o seu propio traballo e recibe os traballos dos compañeiros para avalialos (e o seu propio) segundo as indicacións do profesor. Pode ser unha corrección cega (sen ver os nomes) se o profesorado así o indica, a sorteo ou ben aos compañeiros dun grupo ou equipo (p.ex. se aplicamos a aprendizaxe cooperativa).
No libro de Cualificacións aparecerán dúas notas, a que pon o propio profesor sobre o envío do alumno en cuestión e outra calificación da avaliación por pares. Así mesmo, tamén se pode avaliar o propio proceso da avaliación do alumnado, é dicir, como de correcta foi a súa avaliación?