1. En que consiste?

En que consiste o calificador de Moodle?

O "caderno do profesor" é o que Moodle chama Libro de cualificacións. Atópase no menú de administración que estará, segundo a versión de Moodle, no menú lateral ou premendo na roda dentada de arriba á dereita AXUSTES DO LIBRO DE CUALIFICACIÓNS. Nel aparecen todas as tarefas e probas que crearamos no noso curso e a calificación obtida polo alumno.

roda dentada, axustes do libro de cualificacións

A continuación tedes tres titoriais do profesor Carlos Iglesias (que explica de maneira moi clara) sobre o calificador de Moodle. Veredes con detalle diferentes aspectos para organizar as vosas calificacións segundo as tarefas, exames e traballos realizados e porcentaxes asignadas en cada caso: