O Libro de Cualificacións de Moodle

Sitio: Aula Virtual do CFR de Pontevedra
Curso: P2002198 Ferramentas de avaliación na aula virtual
Libro: O Libro de Cualificacións de Moodle
Impreso por: Usuario convidado
Data: venres, 3 de abril de 2026, 5:32 AM

1. En que consiste?

En que consiste o calificador de Moodle?

O "caderno do profesor" é o que Moodle chama Libro de cualificacións. Atópase no menú de administración que estará, segundo a versión de Moodle, no menú lateral ou premendo na roda dentada de arriba á dereita AXUSTES DO LIBRO DE CUALIFICACIÓNS. Nel aparecen todas as tarefas e probas que crearamos no noso curso e a calificación obtida polo alumno.

roda dentada, axustes do libro de cualificacións

A continuación tedes tres titoriais do profesor Carlos Iglesias (que explica de maneira moi clara) sobre o calificador de Moodle. Veredes con detalle diferentes aspectos para organizar as vosas calificacións segundo as tarefas, exames e traballos realizados e porcentaxes asignadas en cada caso:

1.1. Media ponderada e categorías

1.2. Engadir items (elementos a cualificar)


Nota: na versión de Moodle do video hai un despregábel que non se corresponde coas versións actuais. Como se comenta no punto anterior, agora está centralizado en "Axustes do libro de cualificacións". Ben directamente desde a ligazón na pantalla principal, ben no despregábel como se pode ver a continuación:

Despregábel, axustes do libro de cualificacións

1.3. Introducir notas e visualizar resultados

2. Exemplos

A continuación tedes exemplos de cómo elaborar "en tempo real" o noso propio Libro de Cualificacións.

2.1. Exemplo práctico (vídeo)

2.2. Exemplo teoría (infografías)

Para refrescar a memoria despois do aprendido ou como guía rápida, aquí tedes unha breve infografía de repaso que podedes gardar para ter accesible xa que, como esta parte do Libro de Cualificacións faise de ano en ano, é posible que non lembremos todo con detalle:

Se tedes a versión de Moodle na que o Libro de Cualificacións está no menú lateral de Administración, podédela descargar AQUÍ.

Se tedes a versión de Moodle pola que accededes a través da engranaxe da parte superior dereita de pantalla, podédela descagar AQUÍ.