Elaboración de material multimedia para actividade interactiva
Requisitos do completado


? Descrición
Coma vés observando neste mesmo curso, un xeito de potenciar moitísimo a túa aula virtual é incorporar material interactivo. As actividades interactivas baséanse en textos, vídeos, sons e imaxes, así que o primeiro paso será crear o material multimedia que precises. Xusto isto é o que se pide nesta tarefa.
?? Que teño que facer?
O obxectivo desta tarefa é que crees, cando menos, un arquivo multimedia. Podes escoller o que che resulte máis acaído ás túas preferencias (imaxe, son e/ou vídeo) e ao teu nivel de manexo. Se es principiante, comeza por algo sinxelo; se tes experiencia ou algún coñecemento de partida, atrévete con algo máis xeitoso. Velaquí algunhas tarefas típicas propias deste módulo:
- Recurte de imaxes e axuste da resolución para que o tamaño de ficheiro sexa pequeno.
- Gravación de audio cunha edición básica (música de fondo, axuste de volumes, eliminación de ruido...).
- Eliminar o fondo dunha imaxe para que sexa transparente e poder superpoñela noutra imaxe.
- Edición dun vídeo básico que gravaches para explicar unha tarefa.
- Pequena animación feita con programas de diapositivas e convertida a formato GIF animado.
- Axuste da escala e resolución de imaxes para que, ao superpoñelas, coincidan exactamente (por exemplo, mapas con información diferente).
- Calquera outra cousa que se che ocorra!
No seguinte módulo empregarás ese arquivo para facer unha actividade interactiva con H5P, un engadido dispoñible en aulas virtuais. Recomendámoste que te inspires cos exemplos que podes atopar no apartado Experiencias docentes para que poidas facerte unha mellor idea das posibilidades que se che abren. Se queres ver todas as opcións dispoñibles, velaquí tes unha ligazón con exemplos da súa páxina oficial:
(Só coma referencia, aínda non terás que facela)
Un exemplo!
Imaxina que o teu propósito é crear uns cartóns para aprender palabras cun xogo de emparellar. Logo o primeiro que precisas son os cartóns! Así, desta volta o que che interesa é un arquivo multimedia de tipo imaxe. Por tanto, neste módulo farás as imaxes e, no seguinte módulo do curso, aprenderás a crear a actividade interactiva. O proceso nesta tarefa, sería máis ou menos este de aquí:

? Feito! Que teño que entregar?
Para
demostrar o que aprendiches neste módulo e que poidamos avaliar o teu traballo, solicitarémoste novamente a ligazón de acceso e o contrasinal de convidado ao curso que creaches na aula virtual do teu centro. Engade ao teu curso o material multimedia que tiveras creado coma arquivo(s) para que poidamos verificar o teu traballo.
Amais, para comprendermos ben o que estás a facer, pedirémoste unha breve xustificación do proceso creativo, onde has de incluir o seguinte:
- Ligazón de acceso ao curso para comprobar a imaxe, son ou vídeo que elaboraches.
- O propósito do material creado, indicando cal é o tipo de actividade na que quererás empregar o material que creaches (secuencia de imaxes, vídeo interativo, tarxetas de pronuncia...).
- As fontes e a estratexia de procura empregadas, onde describirás brevemente como e onde atopaches o material, así coma as motivacións técnicas da escolla (resolución, tamaño, formato, calidade ...).
- O nome aplicativo empregado, unha explicación xeral do traballo feito con dito aplicativo (arriba tes algunhas tarefas típicas) e un pequeno comentario da túa experiencia de uso.
Para facer a entrega, preme nesta mesma tarefa o botón:
Na caixa de edición de textos exporás o devandito. Velaquí tes un exemplo:
Contrasinal para convidados: *******
Propósito
Teño pensado facer un xogo de memoria con arquivos de audio. O obxectivo é relacionar os números do 1 ao 10 en lingua inglesa e lingua galega/castelá a alumnado con TEA en 3º de Primaria. Por tanto, preciso gravar os arquivos de son e atopar tarxetas con simboloxía SAAC.
Fontes e estratexia de procura
No meu caso o audio foi de creación propia, así que apenas precisei buscar as imaxes. Para iso fixen unha procura na Internet e atopei a web ARASAAC, da que extraín as as imaxes de xeito directo. Teñen unha resolución bastante aceptable para a Internet, aínda que o tamaño en píxeles non é moi grande. O fondo xa é transparente (formato GIF), razón pola cal evitei traballo extra.
Experiencia co aplicativo
A gravación fíxena co aplicativo de gravación de voz do teléfono móbil. De aí, paseinos ao ordenador, onde utilicei Audacity para mellorar a calidade do son eliminando o ruido de fondo e recurtando os silencios. Pareceume un programa moi completo, mais pouco intuitivo ao principio xa que nunca empregara un programa así. Malia todo, a experiencia foi boa e penso que lle podo tirar proveito no futuro. O texto estará limitado a un máximo de 600 palabras. O breve, se é bo, dúas veces bo. ?
✅ Qué se vai avaliar?
Tes
os indicadores de logro que imos a empregar como guía de corrección na
táboa que acompaña esta tarefa. Emprégaa como parte do proceso de
autoavaliación do teu traballo. O peso na cualificación final pódelo
consultar no apartado Cualificacións do curso
Cualificando Entregas
Nome do criterio
puntuación
Propósito Xustifica o propósito do material creado, indicando cal é o tipo de actividade na que se vai a integrar (secuencia de imaxes, vídeo interativo, tarxetas de pronuncia...) a función que ten ese material dentro da actividade. 1 |
Fontes e estratexia de procura Describe as fontes e a estratexia de procura empregadas para a creación de material. 1 |
Experiencia co aplicativo Nomea o aplicativo empregado e realiza unha breve exposición do traballo desenvolvido para obter o produto final, comentando a experiencia de uso. 1 |