Opcións de matriculación

Curso presencial dirixido a profesorado de secundaria (con preferencia daquel que proceda do mesmo centro educativo). A súa finalidade non é só respostar ao interese particular que pode ter algún profesor/a pola mediación escolar senón sobretodo, proporcionar ferramentas, estratexias e orientacións (experimentadas e constatadas) no proceso de implantación no centro educativo dun servizo de mediación escolar cun mínimo de garantía de éxito. Nese proceso cómpre ter en conta tódolos seguintes aspectos que se constitúen en pasos do propio proceso: análise da convivencia do propio centro educativo, sensibilización da comunidade educativa, redación do protocolo, introdución no plan de convivencia, captación e selección do alumnado mediador, formación do alumnado mediador, coordinación e seguimento, avaliación formativa, e, consolidación e especialización do servizo de mediación escolar.
Automatriculación (Student)
Automatriculación (Student)
Acceso como convidado
Acceso como convidado