Opcións de matriculación

Os profesores de secundaria adoitamos expresar moitas queixas relativas á competencia comunicativa dos alumnos, unhas veces ás habilidades escritas (redacción, ortografía, comprensión lectora...), outras ao vocabulario ou á pobreza expresiva e outras á actitudes que, no fondo, tamén teñen que ver coa comunicación (atención, escoita activa, participación, razoamento verbal..). A boa noticia é que estas habilidades pódense traballar dende todas as áreas, e serán tanto máis efectivas canto máis profesores nos impliquemos na cuestión. A chegada dos programas plurilingües teñen revitalizado este interese, a partir dun enfoque, o tratamento integrado de linguas (TIL) e de linguas e contidos (TILC) que tamén afecta áslinguas maternas.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.