Curso: P2001126 Enriquecemento audiovisual para a aula virtual | AV CFR Pontevedra
-

-

-

-

-
Unha das principais carencias que atopamos nas mensaxes audiovisuais producidas no ámbito escolar é o pouco atractivo das imaxes amosadas, a pesar da grande riqueza visual de moitos dos traballos, situacións e escenarios de aprendizaxe.
Independentemente de se a imaxe é estática ou en movemento; se é un deseño, unha fotografía, unha secuencia de vídeo; se se trata dunha composición de distintos elementos gráficos e textuais...; cómpre que o seu atractivo “enganche” ao espectador para que este non perda rapidamente a atención.
Un dos nosos primeiros obxectivos como docentes será conseguir un mínimo grao de atención entre o noso alumnado, e que aquilo que queremos empregar como ferramenta non se nos volva en contra e xere o efecto contrario.
Unha das pretensións deste módulo do curso é que, facendo un pequeno repaso das claves da Fotografía, poidamos chegar a esas estratexias que nos permitan dar unha base de maior calidade ás nosas creacións.
-
Aquí atoparás información sobre o tema que estamos a tratar. Xa se trate de imaxes que captes co teu dispositivo (cámara, móbil, tablet...) ou que descargues de internet, procura ter en conta os conceptos propostos.
-
Cando tomas as fotos, ou as descargas de internet, sempre tes a posibilidade de melloralas e/ou optimizalas para a "saída" que lle queiras dar: un vídeo, unha impresión, publicación en Web, blog...
Esta proposta faise co software libre Gimp, pero o importante son os conceptos e levalos ás aplicacións que empregues normalmente: apps para móbiles ou tablets e outros programas informáticos.
-

-
Envía 5 fotos con distintos tipos de planos que puideras empregar nunha creación audiovisual para a túa aula. A temática debería de ser a mesma para todas elas.
Neste caso se trata de que fagas ti as fotos empregando os recursos propostos no tema e a súa mellora no dispositivo que elixas.
(O de descargar de internet vai na tarefa 3)
Debes modificar o tamaño do arquivo para que as imaxes teñan 800px de ancho como máximo.
-
Envía 2 imaxes: a orixinal sen retocar nin cambiar a resolución e unha versión da mesma imaxe, na que fagas un axuste dos niveis, lle toques un pouco o contraste e a saturación e baixes a resolución a 800px de base pola altura resultante (esta variará en función da relación de aspectos do formato da cámara: 3:2 | 4:3 | 16:9 | 1:1 )
-

-
O recoñecemento da propiedade intelectual e o respecto polos dereitos de autor, deben de estar sempre presentes cando preparemos materiais educativos. A rede está chea de recursos fantásticos, pero non sempre contamos cos permisos axeitados ou outorgamos os recoñecementos debidos aos seus creadores.
Benvido ás licenzas Creative Commons e aos bancos de recursos.
-
Cal é a intención das Licenzas Creative Commons? Por que é importante que o noso alumnado coñeza que é a propiedade intelectual e a respecte? É de todos todo o que está na internet? Podo descargar libremente sen preocuparme de nada máis?
-
Coñece cales son os distintos tipos de Licenzas Creative Commons e como empregalas.
-
No seguinte tema tratamos aspectos comúns da edición de vídeo, aínda que as capturas de pantalla son do programa gratuíto de entorno Windows: Movie Maker.
Non tes que empregar obrigatoriamente ese. Se non o tes e o precisas, envíame un mail para que cho facilite por Wetransfer, xa que non é doado descargalo da Web de Microsoft.
Insisto en que podes empregar as apps ou programas que empregues habitualmente.
-

-
Realiza un pequeno vídeo con 10 imaxes fixas e un arquivo de audio. Descárgaos da rede empregando as indicacións sobre os dereitos de uso.
Non tes que empregar a ferramenta de vídeo proposta no tema. O programa ou app de edición de vídeo que teñas instalada é perfecta.
A entrega terá que ser en .mp4
-