1.Coñecer a normativa referida ao uso responsable e ético da IA na atención á diversidade e aplicala para favorecer o acceso á aprendizaxe, os procesos de comunicación e o benestar do alumnado.

2.Coñecer e seleccionar ferramentas da IA específicas que contribuan á mellora na resposta educativa á atención á diversidade e a inclusión.

3.Experimentar coa IA na atención á diversidade, reflexionar sobre a experiencia e valorar os nesgos, limitacións e beneficios que esta supón na mellora á resposta educativa.