
Esta actividade está deseñada para profesorado de linguas estranxeiras que imparte ensinanzas en educación infantil e educación primaria.
Obxectivos:
1.Aprender a crear materiais e recursos para educación infantil e primaria en inglés e francés.
2.Introducir ferramentas dixitais para a creación de materiais.
3.Entender o xogo como medio de aprendizaxe na aula de inglés e francés.
Contidos:
1.Creación de materiais manipulativos para o proceso de ensinanza-aprendizaxe da lingua estranxeira.
2.Deseño de infografías e posibilidades de uso na no ensino da lingua estranxeira.
3.Produción de recursos a partir de contos.
4.Coñecemento de rutinas, cancións e xogos para o día a día na aula.
- Profesor/a: Melania Baltasar
- Profesor/a: Lara González García

1. Explorar as diferentes fases do proceso de solicitude e xestión dun proxecto Erasmus+.
2. Analizar as carencias e fortalezas do centro educativo para a elaboración dun proxecto Erasmus+ personalizado e que revirta no beneficio do propio centro.
3. Maximizar o impacto e a difusión dos proxectos Erasmus+.
Contidos:
1. Explicación para completar as solicitudes para proxectos Erasmus+.
2. Elaboración de proxectos de calidade e impacto no marco Erasmus+.
3. Concesión (ou non) do proxecto: como proceder.
4. Maximización do impacto e a difusión dos proxectos Erasmus+.
- Profesor/a: Alejandra Alonso Lorenzo
- Profesor/a: Patricia Ares Yañez
- Profesor/a: María Fernández Ferro
- Profesor/a: Sonia Vázquez
- Profesor/a: Ana Rosa Vidal Domínguez

Esta actividade está dirixida a persoal docente que imparte ensinanzas de linguas estranxeiras e céntrase principalmente en mellorar a competencia didáctica e a competencia dixital do profesorado.
Obxectivos:
1.Seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas.
2.Adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación e familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas.
3.Promover a accesibilidade e a inclusión na aula de linguas a través da capacitación dixital e da personalización.
Contidos:
1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.
2. Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.
3. Ferramentas institucionais.
4. Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.
- Profesor/a: Susana Aldao

Esta actividade está deseñada para introducirse no uso da plataforma eTwinning.
Obxectivos:
1. Coñecer eTwinning e as súas posibilidades para o traballo por proxectos a través de ferramentas colaborativas.
2. Identificar os criterios de calidade nas actividades e tarefas colaborativas dos proxectos eTwinning.
3. Planificar e deseñar proxectos para fomentar a creatividade, a colaboración, o pensamento crítico e a aprendizaxe autónoma.
Contidos:
1. A aprendizaxe baseada en proxectos (ABP): planificación, execución e avaliación.
2.e Twinning dentro da Plataforma Europea de Educación Escolar.
3. Os proxectos eTwinning: criterios de calidade.
4. Boas prácticas en eTwinning.
- Profesor/a: Mela Rguez

Esta actividade está deseñada para formar aos centros educativos que desexan solicitar a Acreditación Erasmus+.
Obxectivos:
1.Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.
2.Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.
3.Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.
Contidos:
1.Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.
2.Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.
3.Plan de Internacionalización de centro.
3.1.Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.
3.2.Obxectivos.
3.3.Avaliación, seguimento e difusión.
4.Criterios de elixibilidade de solicitudes.
- Profesor/a: Patricia Ares Yañez