Como cambiar o fondo dunha imaxe a transparente
Requisitos do completado
Para establecer o fondo transparente dunha imaxe gardada no noso ordenador podemos utilizar dous programas: o Photoshop ou o Gimp.
Os pasos que tedes que seguir co Gimp para borrar o fondo son os seguintes:
Abrir a imaxe co Gimp dende Arquivo-Abrir.
Premer na imaxe co botón dereito do rato e no menú que se abre ir a Capa-Transparencia-Añadir canal alfa.
Seleccionar a variña máxica na barra de ferramentas e premer no fondo da imaxe, nese momento deberíase seleccionar a capa de fondo.
Unha vez está seleccionada a capa de fondo dámoslle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.
Para eliminar o fondo co Photoshop:
Abrir a imaxe co Photoshop dende Arquivo-Abrir.
Darlle dobre clic na imaxe para que se seleccione a capa.
Premer no botón lazo da barra de ferramenta e darlle clic na parte da imaxe que queremos borrar.
Aparecerá seleccionada a parte do fondo e logo dariaselle a tecla de Supr ou Del no noso teclado.
Para comprobar que a operación saiu ben, deberíamos ver o fondo da imaxe cuadrículado.
Recordade que para grabar imaxes con fondo transparente deben estar con extensión .png ou .gif
Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 4:56 PM