Foro de dúbidas para seguimento do curso de aplicacións de arduino e raspberry pi en domótica

Problemas conexión diferentes dispositivos co router

Problemas conexión diferentes dispositivos co router

por Rocío Martínez Martínez -
Número de respostas: 0

Boas noites a todos, despois dos problemas que tivestes algúns de vos hoxe coas conexións ós diferentes routers que tedes, volvín probar a práctica completa cun router de vodafone que non está conectado a rede, pero para a nosa práctica sérvenos.

Mentres que co movistar conéctome con tódolos dispositivos sen problema ningún, con este a única maneira de conectarme foi poñéndolle direccións fixas para cada mac (da raspberry, do ESP32 e da shield de Ethernet).

Incluso co Arduino Mega me pasaba o mesmo que comentaba Carmen: entraba en buble na reconexión, non conseguía conectarse e nin chegaba a executar o void loop onde tería que facer o control manual co final de carreira.

Probei previamente o cambio de MAC, o cambio da IP asignada a shield de Ethernet, deixeino mentres facía outras tarefas, ...pero a única solución foi darlle IP fixas dende o router os dispositivos.

Espero que vos sirva de axuda o meu comentario.