Criptografía
Requisitos do completado
A criptografía é a ciencia que versa sobre a ocultación da información. Dende un punto de vista menos filosófico a criptografía é o estudo de técnicas matemáticas relacionadas cos aspectos de seguridade da información, a fiabilidade, a integridade dos datos, a autenticación de entidades e a orixe dos datos. O nome de Criptografía provén do grego (kryptos, "ocultar", e grafos, "escribir", do que sae literalmente "escritura oculta").