Tarefa de presentacións online
Crea unha presentación online relacionada coa materia/instrumento que impartas no Conservatorio e que che serva como material para compartir co teu alumnado.
Para iso podes empregar calquera das ferramentas existentes para facer presentacións online. Na documentación fago máis referencia a Genial.ly e Canva, pero podes empregar a que desexes.
Eu, persoalmente, escollería calquera destas:
- Genial.ly: é unha ferramenta estupenda para crear publicacións, compartir contidos e facer as túas presentacións moito máis atractivas, grazas ao uso da animación e as ligazóns interactivas.
- Canva: con esta ferramente podemos facer presentacións modernas e sinxelas sen moito esforzo.
- Prezi: é unha aplicación online que che permite facer presentacións en diapositivas de maneira dinámica e moderna, é ideal tanto para estudantes como profesores, e cada vez son máis as persoas que apostan por esta ferramenta para crear presentacións orixinais
- Emaze: é unha completa ferramenta para crear presentacións de maneira sinxela e en poucos minutos, grazas especialmente ao gran número de plantillas profesionais das que dispón, que che permitirán facer presentacións rapidamente e en poucos minutos. Podes utilizar a versión gratuíta do programa
- Powtoon: é unha ferramenta coas que poderás crear vídeos e presentacións animadas totalmente gratis. O único é que a versión gratuíta só permitirache crear vídeos de 5 minutos de duración.
- Visme: é unha ferramenta moi sinxela de utilizar que che permite crear presentacións, infografías e outros contidos visuais en cuestión de minutos.
Que debedes de entregarme nesta tarefa?
Unha vez que fagades a presentación, sexa cal sexa a ferramente, teredes unha opción para compartir esa presentaición en modo lectura con calquera. Ao pinchar nesa opción a aplicación vos dará un enlace, que si o pegamos na barra de direccións do navegador veremos a vosa presentación.
Por tanto, teredes que entregar esa ligazón para que eu poida ver a vosa presentación.
Como entregades esa ligazón?
Para entregala, dentro desta tarefa premedes no botón "Engadir Entrega". A continuación vos aparece un cadro para inserir o texto, onde simplemente pegaredes o enlace copiado co cal accederei a vosa presentación. Finalmente pulsades en "Gardar os cambios" e xa está!