Este espazo, que non é un curso de formación en si mesmo, consitúe unha recopilación de información útil sobre as posibilidades de desenvolvemento do ensino non presencial ou semipresencial.
Aquí atoparás información e recursos que te servirán para desenvolver a docencia online. Dividín o contido nos seguintes temas:
- Aulas Virtuais: Moodle.
- Aulas Virtuais: Google Classroom
- Videoconferencias: Webex
- Contactar coas familias: AbalarMóbil
- Presentacións Online
- Edición de sons
- Edición de imaxes
- Edición de vídeo (incluíndo gravación de pantalla en vídeo)
Ao ser este curso un tanto "especial", gran parte do contido do mesmo xurdirá a partir das dúbidas que teñades.
É por iso que temos varios foros onde podedes comentalas; a partir de ahí, eu vos respostarei e crearei recursos que vos dean solución a esas dúbidas.