Opcións de matriculación

Neste espazo de aprendizaxe exploraremos o potencial da intelixencia artificial para a creación de recursos dixitais educativos. Ao longo da actividade formativa descubriremos diferentes ferramentas e estratexias que nos permitirán xerar contidos textuais, visuais e audiovisuais, así como deseñar actividades interactivas que poidan enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe. Ademais de experimentar coas posibilidades que ofrece a IA, reflexionaremos tamén sobre o seu uso ético, seguro e responsable no contexto educativo.
A idea é aprender facendo, compartir ideas e levar á práctica propostas que poidan resultar útiles nas nosas aulas.