Section outline
-
Competencias profesionais
Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.
Interlocutor/a e referente (forma de ser e relacionarse cos demais) - Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de mellora.
Xustificación
Mellora das competencias profesionais a través dunha mellora da autoxestión emocional, e da convivencia e do clima no centro. Redacción do Plan de convivencia segundo os novos decretos e leis. Renovación da metodoloxía didáctica no ensino/aprendizaxe de idiomas a través da integración real das TIC na aula. Formación, práctica e elaboración de materiais a través do traballo colaborativo en espazos virtuais e en redes sociais. Adaptación das programacións á nova Lei de Educación.
Obxectivos
1. Sociabilizar o grupo e cohesionalo. Descubrir facetas emocionais propias e alleas.
2. Descubrir coincidencias e disparidades cos outros compañeiros e fomentar o respeto mutuo e á diversidade.
3. Aumentar o autocoñecemento a través da conciencia emocional.
Contidos
1.Definición de Mindfulness.
2.Corpo e presente. Hábitos que incrementan o estrés. Autoobservación terapéutica.
3.O cerebro. Plasticidade. A DMN. Do mindfulness ao heartfulness.
4.Mindfulness e comunicación consciente. Emocións e sentimentos.
5.Análise de aprendizaxes mediante tarefas. Elaboración grupal dunha actividade de intelixencia emocional.