Section outline

  • Competencias profesionais

    Investigador/a e innovador/a - Responsable da formación permanente: itinerario formativo persoal.

    Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Programación, seguimento e avaliación.

    Xustificación

    A lexislación vixente non recolle o funcionamento e a organización dos Centros de educación especial en moitos aspectos, polo que xurde a necesidade de adaptar os propios documentos á nova lexislación e formación do profesorado e a inclusión no currículo da sexualidade para a atención á diversidade, e deste xeito mellorar a calidade educativa e dar unha resposta real e acorde as necesidades e diversidade do alumnado que aquí se escolariza

     

    Obxectivos

    1.  Coñecer os principais cambios lexislativos da LOMCE

    2.  Adaptar os documentos do CEE MIÑO á LOMCE

    3.  Adaptar o proceso de avaliación á LOMCE

     

    Contidos

    1.As Unidades didácticas integradas segundo a LOMCE

    2. A programación de aula segundo a LOMCE

    3.Os boletíns de avaliación segundo a LOMCE