Section outline
-
Competencias profesionais
Especialista na súa materia - Xestión do coñecemento existente.
Membro dunha organización - Cooperación e colaboración, construción conxunta de coñecemento.
Xustificación
Necesidade de formación para un centro que presenta unhas características especiais pois nel impártense as ensinanzas profesionais de música. Os seus horarios difiren enormemente dos demáis centros de ensino, non teñen outros centros cos que intercambiar experiencias e metodoloxías, teñen unha gran diversidade de alumnado e, en xeral, poucos recursos de formación axeitados ás peculiares necesidades.
Obxectivos
1. Mellorar a capacidade interpretativa fomentando a motivación, a creatividade e ot raballo colaborativo
2. Comprender a musicalidade da linguaxe glam-pop, e o labor e importancia desta música nos seu tempo.
3. Crear e interpretar arranxos musicais, montar un ensemble instrumental achegando as familias ao Conservatorio
Contidos
1.Creación e interpretación de arranxos sobre a música do grupo Queen
2.Estudio, adaptación, transcripción dos temas - Bohemian Rhapsody - Headlong - The show must go on - Breakthru - Another one bite the dust - I want to break free
3.Outros estilos musicais: rock, pop, jazz e músicas lixeiras como medio motivador, creativo e facilitador da comunicación co alumnado e as familias
Centro sede
Nome: CMUS Profesional de OurenseEnderezo: Rúa Pablo Iglesias s/n - LagunasLocalidade: OurenseConcello: OurenseEnderezo electrónico: cmus.ourense@edu.xunta.esCód. postal: 32004Teléfono: 988391047Asesor responsable da actividade
Asesor: CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN
Enderezo Electrónico: ccallejalameiras@edu.xunta.es