Section outline

  • Curso O1601005 A creatividade a través da interacción no ensino do inglés



    Temporalización:  01/02/2017  -  29/03/2017

     HORARIO: os mércores, de 18:00 a 20:30 horas.


    RELATOR: MATTHEW THOMAS LOBOY

    LUGAR: Centro de Formación e Recursos de Ourense

    T. 988 241 533/534 Rúa Universidade, 18 A Cuña 32005 Ourense

    Horas totais: 20 Horas presenciais: 20    Horas non presenciais: 0

    Asesor responsable da actividade: CARMEN CALLEJA LAMEIRAS  

         Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es

     

    Competencias profesionais

    Comunicador/a en lingua materna - Destrezas comunicativas verbais e non verbal: técnicas e estratexias para o desenvolvemento e mantemento.

    Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

     

    Obxectivos

    1.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas que fomenten estratexias para desenvolverse en espazos culturais variados.

    2.Utilizar e fomentar un discurso que permita a construción do coñecemento facendo uso de procedementos discursivos verbais e non verbais.

    3. Xerar oportunidades para a participación en debates e para a toma de decisións sobre temas relevantes fomentando a tolerancia e o espírito crítico.

    Contidos

    1. Coñecemento de técnicas e metodoloxías innovadoras que favorecen o desenvolvemento da creatividade e a competencia comunicativa da lingua inglesa.

    2. Estratexias e recursos que exercitan e facilitan a interacción en lingua inglesa.

    3. Familiarización con distintas dinámicas grupais que favorecen o desenvolvemento das capacidades dos discentes e poñen en valor as fortalezas de todos e cada un.

    4.Toma de conciencia do valor pedagóxico.