
Unha comunidade de práctica é un espazo de interacción e de mediación onde un grupo de profesionais con intereses afíns reflexionan sobre a súa práctica profesional, apóianse e ademais constrúen conxuntamente produtos que lles axudan a desenvolverse e mellorar, e, en definitiva, a profesionalizarse. Actualmente a provincia de Ourense conta cun nutrido grupo de persoas que leva máis de dous anos reuníndose mensualmente de xeito informal e que atopan nesta modalidade formativa unha canle moi enriquecedora e axeitada á súa realidade.