A través deste proxecto creouse un rincón de natureza na propia aula de 3º EP. Os alumnos puideron observar de primeira mán o ciclo das plantas e o seu crecemento, aprenderon a clasificalas, identificar as súas partes e as partes da flor. Implicáronse no seu coidado e aprenderon a valorar a importancia de manter e respetar a vida do noso planeta. Tamén se traballou a contaminación e os seus efectos negativos. 

Tamén se traballaron operaciones de cálculo, medidas, resolución de problemas, xeometría, etc. 

Destaca deste proxecto o desenvolvemento da intelixencia naturalista, conectando aos nenos co entorno natural e fomentado a conciencia ecolóxica. 

Neste proxecto traballáronse as seguintes áreas:

-Lingua Castelá.

-Lingua Galega.

-Ciencias Naturais. 

-Matemáticas.

-Valores Sociais e Cívicos.

E as competencias:

- Competencia Lingüistica.

- Competencia Matemática e Tecnolóxica.

- Competencia Aprender a Aprender.

- Competencias Sociais e Cívicas.

- Competencia Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor.

Ademáis este proxecto tamén fomentou as seguintes habilidades para o século XXI:  investigación, cooperación, iniciativa, cidadá do mundo, planificación, perseverancia, supervisión, autorregulación, comprensión e manexo da información, aprender a aprender e predicción, entre outras.  

Última modificación: luns, 28 de maio de 2018, 11:46 AM