Proxecto "O universo"
Neste proxecto de investigación científica entorno o universo taballáronse conceptos como as galaxias e os seus tipos, estrelas e tipos de estrelas, planetas e tipos de planetas, satélites, asteroides, cometas, big bang, etc.
Construíronse os diferentes elementos en 3D e cada alumno fixo a súa propia nave espacial. Para as actividades de entroido tamén se construiu un foguete de 2 metros de alto cunha astronauta moi especial, unha cadeliña.
Tamén se traballaron operaciones de cálculo, medidas, resolución de problemas, xeometría, etc.
Destaca deste proxecto o desenvolvemento da intelixencia cinética e corporal, traballando a motricidade fina, a artesania e o manexo e adecuación de diferentes materiais.
Neste proxecto traballaronse as seguintes áreas:
-Cincias Sociais.
-Ciencias Naturais.
-Matemáticas.
-Educación Artística.
-Valores Sociais e Cívicos.
E as competencias:
- Competencia Matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.
- Competencia Aprender a Aprender.
- Competencias Sociais e Cívicas.
- Competencia Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor.
-Competencia e expresións culturais.
Ademáis este proxecto tamén fomentou as seguintes habilidades para o século XXI: resolución de problemas, tama de decisións, cooperación iniciativa, planificación, perseverancia, supervisión, autorregulación, productividade, innovación, aprender a aprender e pensamento creativo, entre outras.
Un proxecto moi enriquecedor que seguro todos desexarán repetir.
