Os alumnos puideron achegarse aos animais, tocalos e sentilos. Aprenderon a clasificalos científicamente e tamén aprenderon a apreciar a personalidade e características de cada un, poñendo en valor a importancia de protexer as diferentes especies para manter a diversidade da vida. Os alumnos que achegaron as súas mascotas explicaron os coidados que requiren cada unha e trasmitiron o cariño e apego que lles teñen.

As familias tivieron a oportunidade de participar activamente na tarefa e a través desta actividade puideron achegarse ao centro de xeito constructivo e positivo. Os nenos puideron compartir a xornada cos seus familiares e moi ilusionados enseñáronlles a aula e o seu lugar de traballo. 

Tamén se traballaron operaciones de cálculo, medidas, resolución de problemas, xeometría, etc. 

Un proxecto moi completo no que se traballaron as seguintes áreas:

-Lingua Castelá.

-Lingua Galega.

-Cincias Sociais.

-Ciencias Naturais. 

-Valores Sociais e Cívicos.

E as competencias:

- Competencia Comunicación Lingüistica.

- Competencia Aprender a Aprender.

- Competencias Sociais e Cívicas.

- Competencia Sentido de Iniciativa e Espírito Emprendedor.

Ademáis este proxecto tamén fomentou as seguintes habilidades para o século XXI:  a intelixencia emocional, a comprensión e manexo da información, a planificación, a autorregulación e a capacidade de investigación, entre outras.  

Un proxecto moi enriquecedor que seguro todos querán repetir.

Última modificación: luns, 28 de maio de 2018, 11:45 AM