Sesión docencia 1. Datos de acceso, recomendacións e netiqueta

Sesión docencia 1. Datos de acceso, recomendacións e netiqueta

por Sonia González Varela -
Número de respostas: 1

Boa tarde, 

O vindeiro xoves 4 ás 16.30 a través de Webex terá lugar a primeira sesión de docencia a cargo de Miriam Fernandez, membro de Latento Altas Capacidades (https://www.latentoac.com).

Nos vosos correos deberíades ter xa unha invitación para unirvos á sesión. 

Tamén podedes utilizar os seguintes datos:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=mb1fac1aa6abfef3528e815079fcf9267

Número de reunión:121 117 1480Contraseña: vR8dygek85s
Recomendacións e netiqueta:

- Prepara o teu entorno: 

    -Trátase dunha sesión de traballo polo que recomendamos utilizar un lugar tranquilo. Ten en conta a duración da sesión e utiliza una cadeira cómoda que te permita manter unha postura saudable.

    - Se é posible é preferible que te sitúes fronte a unha fiestra e utiliza luz natural frontal. Se non é posible utiliza unha luz combinada que te ilumine o rostro (cunha lámpada por exemplo) e evita sempre o contraluz ou luz de fondo. 

    - Utiliza unha vestimenta e fondo adecuados.

- Intenta ser puntual.

- Se é posible é recomendable conectar a cámara, utilizar auriculares e manter o micro pechado. 

- No caso de que a plataforma Webex falle ou vos salgades da sesión podedes volver a acceder á sala a través da ligazón, premer en "Unirse".

- A duración da sesión é de dúas horas e non haberá descansos, se o necesitas aproveita os momentos de transición para levantarte, coller unha bebida ou unha merenda.

- Levanta a man para participar (física ou virtualmente).


Un aperta, vémonos o xoves!

Sonia 



Anexo Captura de pantalla 2021-02-02 a las 19.01.08.png
En resposta a Sonia González Varela

Contidos da sesión e material Re: Sesión docencia 1. Datos de acceso, recomendacións e netiqueta

por Sonia González Varela -

Contidos da sesión e material

-Contidos:

1. Mitos, estereotipos e modelos teóricos de referencia no ámbito das altas capacidades.
2. Casuísticas, características e perfiles claves no alumnado con altas capacidades.
3. A atención do alumnado con AC no marco aula: modelos de referencia para artellar as medidas educativas que precisan.
 
- Material de apoio previo/para a sesión formativa:
 
O triángulo máxico das altas capacidades, Guía para profesores. Autora: Carmen Pomar Tojo.