Noelia indecisa

Noelia indecisa

por Noelia Pena Fernández -
Número de respostas: 0

 Ola! Son Noelia. Estudei Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e posteriormente o mestrado de profesorado na USC.

Este é o quinto curso académico que me dedico á docencia do Francés mais é o primeiro ano que ensino Inglés. Dou clase de Francés en todos os grupos de 1º e 2º da ESO e Inglés en dous grupos de 1º.

Recentemente, participei como alumna nun curso sobre o Aproveitamento didáctico de Moodle como ferramenta para o ensino a distancia, do que puiden tirar un gran proveito para a miña labor como docente, sobre todo na situación actual.

Considero que teño un nivel de competencia TIC bastante bo.

Intentarei compaxinar esta actividade co traballo e a preparación das oposicións, polo que lle dedicarei tempo pola tarde/noite e/ou algunha fin de semana.

 Un saúdo.