Teño o sigueliñas feito pero noné moi rápido. Se alguén me pode axudar co código que empregamos no curso. graciñas. Adxunto o meu.
Ola Pablo,
Comentarche que no curso o fixéramos cos si simples (sen a parte sinó).
A túa solución está ben, aínda que por exemplo sóbralle o último sí (valor3),xa que se entra dentro dese sinó (o que envolve ao si) o valor ten qeu ser a narices 3.
Hai outra solución que non vos din e que fai que o robot xire menos tendo "memoria" polo lado polo que saíu, mándoo á tarde, aínda que con probas reais non mellora moito a velocidade.
Á tarde dende a casa mándovos as solucións.
Certo o do sí, non o había visto. Moitas grazas por todo Pino!!!
Ola, a continuación xunto dúas solucións posibles.
A primeira é a que fixemos na aula, son polo tanto 4 "si" consecutivos (non ten máis).
A segunda é un pouco máis complexa (seguelinhasmemoria), básicamente básase no concepto de que por exemplo se o robot se está a sair pola dereita (e decir, o sensor devolve un 2), seguimos avanzando (por se recuperamos a trazada), pero marcamos nunha variable (salepor) o sitio polo que se pode sair (neste exemplo pola deireita). No caso de que se saia e decir, valor 3, xirará cara á esquerda xa que comproba o que vale a variable salepor e saberá que a última vez que "viu" a liña era á esquerda.
En realidade a segunda opción e un lío e pouco mellora cronometrando (polo menos coas probas que fixen cos de primaria), pero aínda así gústame pois parece máis un desafío realmente entretido.
Unha aperta, encantado de axudarvos.