Impresora 3D e a Tecnoloxía

Impresora 3D e a Tecnoloxía

por Cristina Rey Rodríguez -
Número de respostas: 1

As posibilidades didácticas do emprego da impresora 3D na materia de Tecnoloxía son case ilimitadas. Dende o meu punto de vista unha das mais interesantes é o feito de os alumnos son os protagonistas en todas as fases da creación dun proxecto global que abranga varias áreas. Poden ser os deseñadores, os que fabrican, e os ensambladores e os que proban o resultado final. Pensemos, por exemplo, no seu emprego na fabricación e montaxe de pezas para estruturas articuladas , compoñentes para robots, mecanismos, etc... Todo esto é altamente motivador para o alumnado e permite desenrolar a súa capacidade creativa.

En resposta a Cristina Rey Rodríguez

Re: Impresora 3D e a Tecnoloxía

por Rosa Berea Montero -

Grazas pola túa aportación, Cristina. Certamente, a impresora 3D pode ser unha aliada perfecta para empregar unha metodoloxía de aprendizaxe baseado en proxectos. Describes perfectamente o proceso e o potencial da impresora como medio de aprendizaxe.