Reflexión!!

Reflexión!!

por Iván Vázquez -
Número de respostas: 5

Boas noites a tod@s!!

A miña opinión é que o emprego dos kit de Arduino e Raspberry Pi son fundamentáis para fomentar a innovación educativa no ámbito STEM.

Dende o punto de vista educativo para a materia de Tecnoloxía (a que eu imparto) son parte esencial do futuro da mesma, xa que a programación, automatización, domótica, robótica, etc. serán algúns dos eixes esenciais nos que se fundamente a Tecnoloxía do futuro, polo que debemos telo en conta, e formar ao alumnado nestas temáticas para que lles podan sacar o máximo rendemento e proveito.

Creo que o emprego destas "novas" tecnoloxías non só melloran a nosa calidade de vida a nivel profesional, senón tamén en tódolos ámbitos da vida cotiá que nos rodea, dende o social, laboral, ocio, ...

Polo tanto e a modo de resumo, considero fundamental adquirir novos coñecementos sobre estes temas para poder sacarlle o máximo proveito aos equipos mencionados, (kit de Arduino e Raspberry Pi) cos que estamos traballando e cos que contamos nos nosos centros educativos.

Un saúdo,

Iván Vázquez.

En resposta a Iván Vázquez

Re: Reflexión!!

por Pablo Rocha Pena -

Totalmente dacordo contigo Iván. Moi ben explicado. Eu tamén aportaría a importancia que ten a realización destas actividades máis prácticas co alumnado de xeito que realizan unha "pequena aproximación" ao mundo laboral, especialmente o que a priori se atoparán nun futuro moi próximo no que os robots xa conviven con nos e os postos laborais xa están automatizados.

Un saúdo.

Pablo Rocha

En resposta a Pablo Rocha Pena

Re: Reflexión!!

por José Pino -

Tal e como decides esta aproximación ao mundo da automatización e da robótica fará dende o meu punto de vista as clases moito máis amenas e incluso permitirán traballar por proxectos que ademáis integren as mencionadas STEM na aula.

Un saúdo compañeiros !

En resposta a Iván Vázquez

Re: Reflexión!!

por Cristina Rey Rodríguez -

Boas a todos!

Eu coincido plenamente cos meus compañeiros en que o emprego dos kits Arduino e Raspberry Pi son moi útiles para o ensino dentro do ámbito STEM. Na miña materia, a Tecnoloxía, traballanse diferentes competencias que poden ser abordadas dende o emprego destes equipos  como: a resolución de problemas, a organización do traballo, o pensamento lóxico, etc. Ademais o seu emprego facilita a introdución de contidos relativos a programación, automatización e control, electrónica, robótica, domótica,  etc... 

Creo que a formación dos docentes relacionados co ámbito STEM nestes campos é fundamental para poder proporcionar aos nosos alumnos un ensino axeitado aos novos tempos e que sexa o mais proveitoso posible para a súa futura incorporación no mundo laboral.

Un saúdo.

Cristina

 

En resposta a Cristina Rey Rodríguez

Re: Reflexión!!

por Pablo Sánchez -

Bueno par mí un neófito en estas materias, me parecen bien vuestras opiniones. Sólo que haría unas puntualizaciones: Este tipo de prácticas non las haría solas como tal, si no integradas en un proyecto, como decía el relator, en el montaje de un coche, un móvil o algo en lo que se viera su utilidad para la vida diaria. Es decir un proyecto global donde el arduino fuera algo más, si no resulta algo árido.

Luego me pareció muy interesante la programación a través de Visualino, nunca viera algo igual..

Un saludo a todos.

En resposta a Iván Vázquez

Re: Reflexión!!

por Usuario eliminado -

Ola a todos, coincido totalmente coas vosas opinións. E máis, considero que as ensinanzas de robótica e todo o ámbito STEM debería de impartirse xa a edades máis tempranas (quizais en primaria e infantil) como parte do curriculum formativo e dunha maneira amena.

Por outra banda, o curso gustoume moito e foi moi agradable asistir,

un saúdo,

Alberto