Ola a tod@s:
A robótica ten moitas posibilidades didácticas no ámbito STEM, por exemplo na súa estreita relación coas Matemáticas, especialmente á hora de deseñar algoritmos e a utilización das linguaxes de programación, así como a utilización dos operadores lóxicos e aritméticos. Eu penso, que tódolos rapaces deberían ter a posibilidade de iniciarse na programación pois, aparte de abrir novas capacidades e aficións é unha ferramenta básica nestes tempos que lles axuda á hora de enfrentarse á resolución de diferentes problemas relacionados coas ciencias e coa vida real.
Saúdos.