Penso que a robótica pode ter un papel moi importante no desenvolvemento das Competencias Clave, das Intelixencias Múltiples, da creatividade... sendo unha ferramenta que nos permite traballar nese enfoque multidisciplinar e cooperativo que está collendo cada vez máis peso e importancia no ámbito educativo.
Ademais, non podemos esquecer que o alumnado se desenvolve nun mundo cada vez máis tecnolóxico, que lles vai requirir duns coñecementos, habilidades e actitudes específicos para ser competentes nun futuro. Coa robótica, podemos afondar de maneira lúdica nas diferentes áreas curriculares, ao tempo que investigar como funcionan as máquinas, adquirir coñecementos básicos de mecánica, matemáticas, científicos e tecnolóxicos.
Como algún dos contidos que se poden traballar de forma integrada, atopei os seguintes:
(Fonte: https://www.electricbricks.com)
- Ciencia: maquinas simples, engrenaxes, palancas, poleas, transmisión de movemento…
- Tecnoloxía: programación, uso de software, deseño…
- Matemáticas: medida de tempo e distancia; suma, resta, multiplicación, división, estimacións...
- Lingua e Literatura: escritura creativa, narración de historias, explicacións, entrevistas, interpretacións, linguaxe tecnolóxico, comprensión lectora, secuencias temporais...
Como experiencias didácticas, destacar algunhas do CPI de Atios, en Valdoviño; como o que se enlaza a continuación: robótica como medio para traballar educación vial e matemáticas.