Noa Piñeiro

Noa Piñeiro

por Noa Piñeiro López -
Número de respostas: 2
Como xa sabedes, chámome Noa Piñeiro e vou ser a vosa guía nestas tres primeiras sesións do curso.

Son Licenciada en Filoloxía Hispánica e Técnica en e-Learning. Levo tres anos adicada case por completo á formación de adultos en Novas Tecnoloxías dentro dos máis diversos ámbitos (Xustiza, Sanidade, Educación, empresas privadas...).

Ademais, preparo grupos de adultos para o acceso á Universidade, acceso a Ciclos de grao Medio e Superior e obtención do título de graduado en ESO. Tamén deseño materiais educativos para diferentes empresas (manuais, cursos online, etc.).

A miña intención é que este curso resulte de proveito para todos e que poidades aplicar os coñecementos aprendidos no voso traballo diario.

Recordade que quedo á vosa disposición:

noapineiro@gmail.com

Saúdos!

Noa.
En resposta a Noa Piñeiro López

Re: Noa Piñeiro

por Curso L1101021 Comunicativa Dixital -
Como outra cousa non sei facer, e para que vexas que a intención é boa, respóndoche a túa presentación. Así deixo constancia de que andiven por aquí.
Saúdos. Esther.
En resposta a Curso L1101021 Comunicativa Dixital

Re: Noa Piñeiro

por Noa Piñeiro López -
Graciñas pola resposta, Esther.

Seguro que despois do curso saberás facer moitas cousas e poderás empezar a aplicalas na aula.

Un bico,

Noa.