1. Muralla de Lugo

MURALLA ROMANA DE LUGO

A muralla romana de Lugo rodea o casco histórico da cidade galega de Lugo na rovincia do mesmo nome en España. A antiga cidade romana de Lucus Augusti, fundada por Paulo Fabio Máximo en nome do emperador Augusto no ano 13 antes de Cristo coa finalidade de anexionar, definitivamente, o noroeste da península Ibérica ao Imperio romano foi dotada dun muro de defensa que perdurou, con escasas reformas, ata a actualidade. Características:

A muralla, cunha lonxitude de 2.266 metros, coroada por 85 poderosas torres,delimita o casco histórico da urbe galega e pasou de ser un obstáculo para a súa evolución e crecemento a ser un monumento integrado na estrutura urbana e fonte de riqueza turística.

Construída como separación e defensa transformouse nun elemento integrador entre a antiga Lucus e a que se desenvolveu ao seu arredor. As súas dez portas realizan a función de unir unha parte da cidade coa outra e o seu paseo de rolda, adarve, tornouse nunha rúa máis que é percorrida polos viandantes autóctonos e visitantes.

A muralla romana de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2000 e está irmandada dende o día 6 de outubro de 2007 coa Grande Muralla China de Qinhuangdao