No 750 a dinastía omeia é aniquilada e comeza o seu dominio a dinastía abasí ata 1258. O único superviviente da matanza foi Abderramán I que chegará á Península e iniciará O Emirato Independente de Bagdad. Os abasís xa non erán aárabes, senón persas e trasladaron a capital a Bagdad.
Durante o Califato abasí, os musulmáns dominaron o Mediterráneo e espallábanse desde o Atlántico ata o Índico, facilitando, a través da actividade comercial, a difusión do Islam por África, Asia Central, Malaisia, Indonesia, Filipinas e a costa meridional de China.
A unidade do califato debilitouse xa entre os séculos IX e XIII por mor das invasións de tribos nómades procedentes de Asia Central ( turcos e mongois).