EXPANSIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO
| Sitio: | CFR de Lugo |
| Curso: | L1201043 - Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación. Ed. Abalar (CFR Lugo) |
| Libro: | EXPANSIÓN DO IMPERIO ISLÁMICO |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 3 de xuño de 2026, 3:02 AM |
Descrición
O Imperio Islámico logrou unha rápida expansión que lle permitiu consolidar a relixión nacida na P. de Arabia e estender a súa cultura.
Á morte de Mahoma (632) o Islam espallouse moi rapidamente baixo o goberno dos catro primeiros califas que conquistaron Exipto, Siria, Iraq e unha parte de Irán ( antiga Persia).

Dende o ano 661 ata o 750 a dinastía omeia tomo o poder e establece a capitalidade do Imperio en Damasco. Os califas seguen sendo árabes e delegan o seu poder nos primeiros ministros, os visires. Dividen o territorio en provincias gobernadas por emires ou valís. O Imperio seguiu espandíndose e foron conquistados os territorios do norte de África, a Península Ibérica, derrotando aos visigodos na Batalla de Guadalete(711). Chegaron a territorio franco onde foron derrotados por Carlos Martel na Batalla de Poitiers(732).

No 750 a dinastía omeia é aniquilada e comeza o seu dominio a dinastía abasí ata 1258. O único superviviente da matanza foi Abderramán I que chegará á Península e iniciará O Emirato Independente de Bagdad. Os abasís xa non erán aárabes, senón persas e trasladaron a capital a Bagdad.
Durante o Califato abasí, os musulmáns dominaron o Mediterráneo e espallábanse desde o Atlántico ata o Índico, facilitando, a través da actividade comercial, a difusión do Islam por África, Asia Central, Malaisia, Indonesia, Filipinas e a costa meridional de China.
A unidade do califato debilitouse xa entre os séculos IX e XIII por mor das invasións de tribos nómades procedentes de Asia Central ( turcos e mongois).

Os musulmáns levaron a cabo unha rápida expansión cultural a través da conquista militar (yihad), pero permitiron aos pobos conquistados conservar a súa relixión. Os cristiáns e xudeus ( monoteístas) que tamén posuían un libro sagrado, eran considerados unha minoría protexida. podían practicar a súa relixión, dirixir as súas comunidades, manter as súas leis e costumes e exercer os seus oficios. A cambio destes "privilexios" debían pagarlles triburos aos gobertnadores musulmáns.