Section outline

    • Os alumnos de 1º BAC de Bioloxía e Xeoloxía aplicaron os coñecementos químicos e biolóxicos adquiridos sobre os distintos tipos de graxas, as reaccións de saponificación, esterificación, exotermicas... na elaboración e realización dos distintos tipos de xabóns. Ademáis nos temas relacionados coas prantas coñeceron distintos tipos de aceites vexetais e as súas aplicacións.
    • Seleccionaronse as receitas que mellor se adaptaban ás nosas posibilidades para que alumnos doutras materias repetiran a experiencia.
    • Destacase a importancia dos xabóns a base de aceites reciclados, tanto pola reutilización de un producto de refugallo como é o aceite de uso alimenticio unha vez usado como a ausencia de nitratos e fosfatos nos productos elaborados.
    • O alumnado de 1º de bacharelato, logo de ver como se forma a pasiva en inglés e aprender vocabulario relacionado co tema (verbos, instrumentos de laboratorio, ingredientes e materiais, etc) e de facer eles mismos o xabón no laboratorio e tomar nota dos pasos e facer fotos do proceso, tiveron que facer unha presentación na que explicasen o proceso de elaboración do xabón. Ademais tiñan que incluír os beneficios ou propiedades de cada xabón a modo de publicidade.

    • Distintos grupos tanto da ESO como de BAC traduciron ás distintas linguas (latín, galego, castelán, francés e inglés) as receitas artesanais seleccionadas anteriormente.

    • Os alumnos de 2º ESO na materia de tecnoloxía realizaron sistemas de captación da auga de choiva con material de refugallo plástico. Aproveitando os buratos que o invernadoiro do centro ten na súa cobertura, instalaron os aparellos de xeito que proporcionaran ás prantas un rego constante. En posteriores días adicaronse ó mantemento e supervisión da instalación realizada por cada grupo, correxindo os fallos (goteo escaso ou moi abundante) que atoparon.

    https://docs.google.com/presentation/d/1K7c553-lz0Kbp66O1Wbz41-XWG_1QSRmJmD-yVFqgG8/edit?usp=sharing

    https://docs.google.com/presentation/d/1Z95259LJJicor6cUK6PLEMiup9KdjqqxhxpyjT03n3c/edit?usp=sharing

    • Algún dos grupos de 2º ESO escolleron facer o contenedor de graxas (aceites que posteriormente se usarán para a elaboración dos xabóns); analizaron os diferentes materiais dos que dispoñian e elexiron o polietileno expandido polas súas condicións físicas e químicas.

    https://docs.google.com/presentation/d/1am797KbKdEc93COZThuXH-18Dpez2AVxkK1edLTdpDo/edit?usp=sharing

    • Realizaron posteriormente a presentacións con medios audiovisuais dos proxectos fronte ó resto dos compañeiros.
    • Os alumnos de 4º ESO na materia de latín elaboraron fichas sobre plantas aromáticas: romeu, tomillo, orégano, menta e lavanda.
    • Os alumnos de 2º ESO na materia de tecnoloxía realizaron o trasplante de lavanda, romeu, menta e tomillo no invernadoiro do centro, así como a infraestructura para o seu posterior cuidado.
    • A importancia que no mundo antigo tivo a cosmética é identificativo da evolución social e cultural dun pobo. Xa os antigos romanos, a medida que foron avanzando na conquista do imperio, foron conscientes da relevancia da mesma.

    Os alumnos de 2º BAC na materia de latín realizaron un estudio histórico-literario do poeta Ovidio adicandolle un trato especial á obra MEDICAMINA FACIEI FEMINAE, obra de carácter didáctico que versa sobre a importancia da boa presencia no contexto histórico do autor.

    Os alumnos de 1º BAC na materia de latín realizaron representacións en .ppt sobre a cosmética, receitas, usos e unha análise comparativo da súa evolución.

    • Un achegamento á antropoloxía popular, ou dito doutra maneira, una ecoidea recollida das avoas para que as fillas e netas a leven a cabo hoxe en día, realizado na meteria de Xeografía e Historia.
  • Os integrantes do grupo de traballo, baixo a supervisión da profesora de Bioloxía, realizaron unha master class na que elaboraron xabóns tanto para uso corporal como de limpeza doméstica.

    • Proxecto de empresa creado polos alumnos de 1º BAC na materia de Economía.
    • Os alumnos de 3º ESO na materia de Xeografía e Historia elaboraron un proxecto dunha empresa.
    • Os alumnos de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO na materia de Matemáticas realizaron fraccións, porcentaxes e estudios estatísticos relacionados cas cantidades empregadas na elaboración dos xabóns así como os productos obtidos.
    • Os alumnos de 4º ESO na materia de Latín realizaron unha unidade didáctica centrada nos intercambios comerciais no  mundo antigo. 
    • Os alumnos de 4º ESO na matería de Informática realizaron bloges, cuñas radiofónicas e anuncios publicitarios sobre os productos elaborados.
    • Os alumnos de 2º BAC na matería de Inglés realizaron un anuncio publicitario que se mostrará na exposición final dos productos.
    • O departamento de Educación Plástica e Visual, de modo altruista, levou a cabo o diseño do logo e as etiquetas dos distintos tipos de xabóns que irán traducidas ós diferentes idiomas.
    • O equipo da Biblioteca realizou unha búsqueda de anuncios publicitarios antigos que aparecerán na exposición final.
  • Na última semana de maio, na entrada do IES exponse o material elaborado polos diferentes grupos de alumnos nas materias participantes no proxecto, cos seguintes obxectivos:

    • Reflexar o traballo individual e colectivo tanto dos alumnos como dos membros do grupo de traballo.
    • Suliñar a colaboración desinteresada de departamentos como Educación Plástica e Visual (diseñadores do logo) que non formaban parte do grupo de traballo.

    Colócanse paneis explicativos dos traballos realizados, audiovisuais na tele da entrada e un estand de venta dos xabóns e sales producidas, cuxa recaudación irá destinada á viaxe fin de curso dos alumnos de 1º e 2º de BAC.