Opcións de matriculación

Esta  actividade  formativa  achega  ao  profesorado  ás  posibilidades  educativas  da  Realidade Aumentada  (RA)  como  recurso  para  deseñar  experiencias  de  aprendizaxe  máis  interactivas  e motivadoras. Ao longo das sesións abordaranse os fundamentos desta tecnoloxía, as diferenzas entre  Realidade  Aumentada  e  Realidade  Virtual  e  o  seu  encaixe  no  currículo  e  nas metodoloxías  activas  vinculadas  á  LOMLOE.  O  profesorado  explorará  distintas  aplicacións  e plataformas  que  permiten  crear  experiencias  aumentadas,  analizar  o  seu  potencial  didáctico en  diferentes  materias  e  reflexionar  sobre  aspectos  legais,  éticos  e  de  protección  de  datos asociados ao uso destas tecnoloxías.

A  formación  terá  un  enfoque  práctico,  combinando  explicacións  breves  con  obradoiros  de experimentación con ferramentas de RA, visualización de modelos tridimensionais, creación de escenas  interactivas  e  uso  de  recursos  baseados  en  marcadores.  Ademais,  presentaranse exemplos  de  aplicación  educativa  e  posibilidades  de  integración  en  proxectos interdisciplinares,  promovendo  o  uso  da  Realidade  Aumentada  como  ferramenta  para enriquecer os espazos, recursos e materiais de aprendizaxe e favorecer experiencias educativas máis dinámicas e participativas.

 Obxectivos

  1. Achegarse ao deseño de experiencias educativas con Realidade Aumentada.
  2. Integrar a Realidade Aumentada en proxectos interdisciplinares.
  3. Experimentar con plataformas que permitan a creación de experiencias interactivas.

Contidos

  1. Creación de experiencias educativas con Realidade Aumentada.
  2. Aplicacións interactivas para a aula.
  3. Deseño de proxectos educativos con Realidade Aumentada.

Competencias

Competencia didáctica - Didácticas específicas e metodoloxías - Intermedio Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Intermedio Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - B2 - 2.2.B.2.1.

Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.