Proxecto "Libros de texturas".
Section outline
-
Libros de texturas elaborados por alumnos de 1º ESO na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual coa profesora Sonia González Varela.
En colaboración co Departamento de Orientación os alumnos presentaron os libros de texturas nas diferentes aulas de apoio, durante unhas semanas os diferentes membros do Departamento de Orientación utilizaron estes libros como recurso didáctico. Despois os libros foron incorporados aos fondos da biblioteca.
