Section outline

  • O deseño integrado do ensino das linguas. O proxecto lingüístico de centro: como o facemos?
    Relator: Xabier San Isidro Agrelo.

    A competencia en comunicación lingüística no século XXI é complexa, plurilingüe e intercultural, en relación directa coa evolución dixital-social que caracteriza o tempo no que vivimos. Para o seu desenvolvemento, os centros precisan de todo o currículo, de todo o profesorado, das familias e o contorno, e tamén da sociedade. O Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) é a concreción das accións relacionadas coa devandita competencia dentro do Proxecto Educativo. Unha concreción que supón unha sinerxia metodolóxico-colaborativa na que as linguas atravesan os currículos e cuxa pretensión é a mellora da competencia lingüística. Unha concreción ligada ás TIC e á biblioteca como elementos catalizadores no que respecta á integración de proxectos no mesmo PLC. Pero, cal é o punto de partida?, que elementos o integran?, como elaboralo?