Section outline

  • Profesores: Sonia González Varela e Carmen Somoza Rodriguez.

    Proxecto realizado por alumnos de 3º EP e 4º ESO onde se traballa a visualización de pensamento e se pon en valor o talento e a diversidade do alumnado. 

    Os alumnos realizaron uns murais, un na aula de 3º de EP e outro nos corredores de secundaria, durante uns meses puideron reflexionar sobre os temas propostos e finalmente dedicamos unha xornada a grabar as impresións dos nosos alumnos. 

    Destaca deste proxecto o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüistica, competencia social e cívica, competencia sentido de iniciativa e espírito emprendedor e competencia aprender a aprender. 

    Dende o punto de vista das intelixencias múltiples destaca o traballo entorno a intelixencia intrapersonal.