A xestión de usuarios, como xa comentamos no primeiro módulo, faise en dous niveis, a nivel de aula virtual e a nivel de curso.
A nivel de aula virtual:
- Danse de alta os usuarios, paso imprescindible para poder matriculalos, posteriormente, nun curso.
- Defínense os roles da aula virtual.
- Defínense os permisos por defecto de cada rol.
- Xestiónanse os círculos ou grupos da aula virtual.
A nivel de curso:
- Matricúlanse os usuarios no curso.
- Asígnase, a cada usuario matriculado, o seu rol ou roles correspondentes (student, teacher, ...)
- Xestiónanse os permisos de cada rol nese curso.
- Xestiónanse os grupos nese curso.
|
|
|